Galiza celebra de xeito conxunto o 17 de maio o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Día das Letras Galegas.
É un día sinalado para propiciar, coa axuda das tecnoloxías dixitais, a participación de todos os galegos e galegas nunha reflexión colectiva sobre as posibilidades que as tecnoloxías da información e a comunicación nos achegan para a normalización da nosa lingua, a difusión e enriquecemento da nosa cultura e a construción da sociedade do coñecemento en Galiza.
A lingua galega medra na rede e medra a nosa cultura nos espazos virtuais. Cartografiar todas esa riqueza e achega aos cidadáns e cidadá sinala o norte da celebración do Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Día das Letras de 2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario